sábado, 10 de junio de 2017

Los niños inauguran Azabache, un mural de poesía visual de David Fernández Rivera en Porriño


O poeta e dramaturgo vigués David Fernández Rivera, inaugurou o pasado venres o seu poema visual Azabache na fachada da piscina municipal de Porriño. Pero foron os nenos os grandes protagonistas do acto, rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria de todos os centros educativos do municipio nos que o artista impartiu o seu Proxecto Caligrama 2000, unha iniciativa pedagóxica coa que se pretende achegar a poesía visual aos máis pequenos.

Foi unha nova festa da poesía na que David Fernández, despois dunhas primeiras verbas sobre a experiencia vivida ao longo do curso, ofreceu aos nenas unha das múltiples e infinitas interpretacións da obra Azabache, "toda unha reivindicación da infancia, a mocidade e, especialmente da nosa esencia ou autenticidade, un valor que contrasta totalmente coa superficialidade dunha parte importante da nosa sociedade".
A continuación, os nenos expuxeron aos compañeiros as vivencias do Proxecto Caligrama 2000, mostrando os seus poemas visuais, recitando traballos para a ocasión ou mostrando xogos interactivos con poesía.  Leer máis...
Noticia en español:
Para finalizar el acto, el poeta agradeció la colaboración de Pinturas Xylazel por brindarle el material de calidad necesario para pintar el mural, así como al artesano mosense Ricardo García por su participación en la ejecución del mismo.

0 comentarios :

Publicar un comentario