Síguenos por Email

lunes, 23 de noviembre de 2009

David Fernández Rivera presenta en Mos o seu espectáculo, 'Alambradas'


O vindeiro sábado 28 de novembro a “Compañía de David Fernández Rivera” dirixida polo mesmo David Fernández Rivera, poeta, actor, director teatral e dramaturgo, presentará o seu novo espectáculo “Alambradas” no centro Multiusos das Pozas de Mos ás 21:00 horas, nun evento promovido pola concellería de Cultura que dirixe a edil Sandra Temes.

“Alambradas” é unha historia sobre o sustrato do contacontos, que neste caso será o relato de Luis. Relato que irá acompañado de momentos exclusivamente musicais sobre os que a vangarda do teatro danzará con espectaculares coreografías dramáticas e un potente deseño de iluminación. E todo isto sen olvidar o mellor da poesía.
 

0 comentarios :

Publicar un comentario